ARQUIVAR SEN MAPA: RELATAR O RURAL DENDE OS MÁRXES Alba Casas González /ESPAÑA Esta proposta presenta unha reflexión crítica e metodolóxica ...

ALBACASAS/ARQUIVARSENMAPA

ARQUIVAR SEN MAPA: RELATAR O RURAL DENDE OS MÁRXES

Alba Casas González/ESPAÑA


Esta proposta presenta unha reflexión crítica e metodolóxica arredor do papel do arte na construción de arquivos e narrativas rurais non normativas, tomando como base os proxectos "Ritos e contraculturas rurais" e "Contr[arquivo]". Ambas iniciativas parten dunha práctica situada e colaborativa e centrada na creación de arquivos vivos que rexistran, recoñecen e reimaxinan a memoria colectiva dende os marxes. "Ritos e contraculturas rurais" traballa sobre os imaxinarios da Galicia rural, cuestionando dicotomías como rural/urbano ou tradición/modernidade, e explora como os rituais e prácticas culturais informais operan como espazos de resistencia. "Contr[arquivo]" propón a construción dun repositorio audiovisual de persoas queer no rural galego, visibilizando historias silenciadas e reimaxinando o territorio como espazo potencialmente queer e disidente. A través destes casos, proponse compartir metodoloxías de traballo que defendan procesos coidados  onde o artístico opera como feito social e ferramenta política. Arquivar, neste contexto, non é fixar, senón activar: unha práctica que xera relatos colectivos, desde a escoita, a implicación comunitaria e a vontade por construír arquivo no presente.

#Metodoloxía, #Audiovisual, #Ritos, #Disidencia, #Queer


     COMUNIDAD SOPA está distribuida bajo una licencia Creative Commons Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional